Buscar este blog

jueves, 14 de abril de 2011

O mundo celta

O Festival  de Ortigueira (mundo celta) tense convertido por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España.Consolidase como un espazo libre onde conflúen xentes de todas as tribos chegadas dos máis diversos puntos da xeografía.
Nas últimas edicións reforzaronse as infraestructuras de servizos (autobuses gratuítos, aparcamentos vixiados, duchas, aseos, puntos de información)para facer máis cómoda a estancia dos milleiros de visitantes que enchen a vila e a zona de acampada libre da praia de Morouzos.
O festival é organizado polo Concello de Ortigueira, no ano 2003 o Ministerio de Economía concedeulle  o galardón de Festa de Interese Turístico Nacional.
Pero en 2005 o certame entrou no selecto grupo de eventos de Interese Turístico Internacional. A gran cantidade de persoas que visitan Ortigueira eses dias e o seu papel na proxección de Galicia e España no estranxeiro foron dous dos factores que lle valeron o recoñecemento.


http://www.festivaldeortigueira.com/programacion.php?lg=gal